A Secretaría das Mulleres impulsa unha biblioteca feminista grazas a ‘Debuxos pola Liberdade’

183

A Secretaría das Mulleres da CUT anuncia a posta en marcha dunha biblioteca que estará composta por obras feministas, obreiras e en galego que se repartirán en todos os locais do noso sindicato. A doazón recibida por ‘Debuxos pola Liberdade’ impulsa este proxecto que busca achegar ensaios políticos, novelas, poesía, teatro… feministas, de carácter obreiro e en galego a todas as compañeiras e compañeiros da CUT.

Todas as persoas que queiran achegar títulos de obras que cumpran con estas características -feministas, obreiras e en galego- poden escribir a secretariamulleres@cutgaliza.org.

Agradecemos inmensamente a solidariedade recibida xa que compartindo apoios, palabras e coñecementos construímos loita e ilusións.