A Deputación de Pontevedra condenada por fraude na contratación das bolseiras

230

A liña de actuación da Deputación de Ponvedra, en canto á contratación de persoas bolseiras, foi declarada como lucrativa para este organismo ao utilizar esta modalidade para agochar relacións laborais comúns e aforrar cartos. É dicir, que a Deputación recorreu ao engano para explotar á clase traballadora, explotación que tamén é común no Concello de Vigo coma se demostrou coa sentenza dos bombeiros. Seica Abel Caballero e Carmela Silva entenden o “socialismo” como reparto da explotación.

A sentenza do Xulgado do Social Nº 4 de Pontevedra iniciase por un procedemento de oficio no que o organismo demandante é a Tesourería Xeral da Seguridade Social, demanda á que se adhire a CUT para representar ás súas afiliadas. A Inspección de Traballo concluira que as becas da Deputación de Pontevedra non eran tal, senón que encubrían verdadeiras relacións laborais, levantando Acta de Infracción contra a Deputación que esta recorreu. Ante o recurso da Deputación, a Tesourería presenta este procedemento de oficio para que o xulgador determine se estamos ou non ante Relacións Laborais.

a sentenza establece que houbo relación laboral, a que aparece na Acta de Infracción, pois non aprecia en ningunha das becas a existencia dunha verdadeira finalidade formativa, entendendo que a Deputación lúcrase do traballo das persoas bolseiras

A sentenza fai referencia a catro tipo de becas: as de Práctica Laboral na Estación Fitopatolóxica de Areeiro, a de Mestres Composteiros con destino ao PLAN REVITALIZA, as de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación e as da Deputación e Concellos de 2018. Para todas elas a sentenza establece que houbo relación laboral, a que aparece na Acta de Infracción, pois non aprecia en ningunha das becas a existencia dunha verdadeira finalidade formativa, entendendo que a Deputación lúcrase do traballo das persoas bolseiras.

Queda demostrado, unha vez máis, que os gobernos do PSOE defenden os intereses do capital e utilizan os mesmo recursos que a patronal para explotar aos traballadores e traballadoras. Queda demostrado, unha vez máis, que as deputacións son tobas de corrupción e caciquismo decimonónico, por moito que a presidenta se vista lila e leve unha rosa na man.