ENCONTROS VIRTUAIS: “Internacionalismo proletario”

24

Malia o avance no recorte de dereitos, o último, a decisión do TSXG de manter a prohibición da Subdelegación do Goberno de Pontevedra da manifestación que tiñamos previsto celebrar en Vigo este venres 1º de maio, seguimos co ciclo de #EncontrosVirtuais #CapitalVsVida.

Mañá, mércores 29 de abril, ás 18h, coma sempre en directo no facebook da CUT, prepararémonos para este extraordinario 1º de maio falando sobre internacionalismo proletario e aprendendo das experiencias do sindicalismo doutros pobos.

Participarán João Barreiros (CGTP-IN, Portugal), Guido Lutrario (USB, Italia) e Koldo Sáenz (LAB, Euskal Herria). Modera María Álvares, do Novas da Galiza.

Colaboran: O Salto GalizaNovas da GalizaGaliza Contrainfo e Nós Televisión.