1º de maio: TSXG versus TOP (Tribunal de Órden Público franquista)

414

A Sección 1 do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) ven de facer pública a súa sentenza (00136/2020) sobre o recurso da CUT contra a prohibición da Subdelegación do Goberno de Pontevedra para celebrar a manifestación do 1 de maio en coches, na que desestima o recurso deste sindicato, mantendo esa prohibición, nun novo golpe á liberdade sindical e aos dereitos fundamentais que din garantir.

Ao longo de 25 follas, o TSXG adícase de xeito repetitivo, machacón e insubstancial, a enterrar os dereitos fundamentais e a liberdade sindical sen a máis mínima contemplación.

Para o Secretario Xeral da CUT, Ricardo Castro, “non temos diante unha sentenza, senón un relato ideolóxico do fascismo amparado na interpretación ad hoc das leis en funcióndo que ditamina o Ministerio do Interior”.

tanto ten que sexa estado de alarma, excepción ou sitio, pois o maxistrado indica que en calquera destes estados, e en nome da saúde pública, poden cargarse dun plumazo o que consideren oportuno,

Segundo o TSXG manifestarse non está recollido como actividad excepcional no RD 463/2020 de 14 de marzo que declara o Estado de Alarma, polo que debemos deducir que a liberdade de expresión, de reunión ou calquera outro dereito fundamental que non mencione tal Decreto, tamén deben estar suspendidos.

Para Ricardo Castro “a sentenza confirma que tanto ten que sexa estado de alarma, excepción ou sitio, pois o maxistrado indica que en calquera destes estados, e en nome da saúde pública, poden cargarse dun plumazo o que consideren oportuno, demostrando que aquí non hai nin democracia nin separación de poderes, tan só a intención de eliminar calquera contestación ás políticas do goberno e á sacrosanta unidade de España”.

Entre os argumentos sostidos polo TSXG atopamos que manifestarse non é unha actividade esencial, pero nós queremos recordarlles que a actividade sindical si, e o 1º de maio é unha data histórica no calendario de calquera organización sindical. Negan vulnerar con esta prohibición a liberdade sindical, obviando que quen convoca a manifestación, e a quen lla prohiben, é a un sindicato.

 

Poderemos entón querelarnos contra o Estado por poñer en risco aos sanitarios? Que pasa cos milleiros de persoas que están acodindo aos seus centros de traballo en condicións sanitarias de risco sen que actúe Inspección de Traballo? Que pasa coas mortes nas residencias de maiores?

Falan do risco para a saúde pública cando, afirma Ricardo Castro, “a nosa manifestación non implica risco algún para a saúde pública pois o transporte individual nos coches está
permitido, incluso recomendado polo goberno, e presupoñer que imos poñer en risco ás forzas e corpos de seguridade é cando menos hipócrita. Poderemos entón querelarnos contra o Estado por poñer en risco aos sanitarios? Que pasa cos milleiros de persoas que están acodindo aos seus centros de traballo en condicións sanitarias de risco sen que actúe Inspección de Traballo? Que pasa coas mortes nas residencias de maiores? Resulta moi chamativo que o TSX non valore que a Subdelegación de Ourense autorizara unha caravana de camións en Ourense o pasado 25 de abril; incluso di que a comisión dunha ilegalidade non implica que se regularice…. Quere dicir o TSXG que a Subdelegación de Ourense incurriu nunha ilegalidade?. Non, claro que non, o que subxace neste argumento é que o risco para a saúde pública é a discrepancia co discurso dominante. Se a CUT solicita unha caravana vestidos con bandeiras de España para felicitar ás forzas e corpos de seguridade autorízannnos a ir vinte en cada coche, esa é a realidade”.

“Vivimos nun estado de excepción sen dúbida algunha. Quen sexa cómplice calado desta situación será tamén responsábel do que están a preparar para o futuro, e co beneplácito da que se
autoproclama esquerda rupturista no Goberno. Toca tomar as rúas e pensar na confrontación directa e de clase, non hai terceira vía”, conclúe o secretario xeral da CUT.