ENCONTROS VIRTUAIS: “Sostendo a vida na primeira liña”

38

Este vindeiro mércores 15 de abril, ás 18 horas, temos unha nova edición dos Encontros Virtuais CapitalVsVida, que podedes seguir en directo, como sabedes, no perfil de facebook da CUT.

Nesta quedada virtual, que xa é a cuarta desde que empezou o confinamento, xuntaremos a Maruchi Álvarez (coidadora informal), María José López (Sindicato PIT-CNT de Uruguai) e Juana Chumpitaz (traballadora do fogar) para falar da crise de coidados no fogar. A compañeira Andrea de Francisco moderará este encontro que titulamos  Sostendo a vida na primeira liña.

Escoitemos, debatamos e reflexionemos para preparármonos mellor para os tempos de loita que se aveciñan.

Vémonos este mércores ás seis da tarde no facebook.com/cutgaliza