Éxito na folga de Autoescolas

320

As traballadoras das autoescolas da Provincia de Pontevedra converteron nun éxito a xornada de folga convocada este 26 de febreiro. O seguimento roldou o 90% e tivo o acompañamento solidario de traballadores e traballadoras chegados dende Madrid e Catalunya. Durante a xornada de folga celebrouse unha manifestación rodada polas rúas de Vigo que bloqueu o tráfico polas vías principais, facendo partícipe á cidadanía da situación de precariedade que está a vivirse no sector, con xornadas de doce horas, sen vacacións, cobrando só por prácitica dada, sen seguridade laboral e de saúde…

O seguimento roldou o 90% e tivo o acompañamento solidario de traballadores e traballadoras chegados dende Madrid e Catalunya

As traballadoras das autoescolas, deixaron o silencio atrás para facer ruido, un ruído reivindicativo e loitador de cara a conseguir o seu obxectivo: TRABALLO E VIDA DIGNAS. Non imos calar ata que o consigamos e, de non obter resposta da patronal, chegaremos á folga indefinida no verán.