A CUT gaña as eleccións na limpeza da Xunta

166

Nas eleccións sindicais celebradas onte na limpeza dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, a CUT pasou de ser a forza menos votada a recibir o respaldo maioritario das traballadoras e traballadores.

O persoal respaldou así, a traxectoria dos delegados Rubén e Marcos, que durante os últimos anos impulsaron de maneira decidida e notoria a transparencia e a loita contra a discriminación salarial das mulleres. Malia as represalias e os custos persoais, estes compañeiros nunca deixaron de pelexar polos dereitos de todas e todos.

Queremos facerlle un recoñecemento moi especial ás compañeiras Sara e Esther, polo traballo incansable na defensa dos dereitos das mulleres e por manter sempre o facho da CUT neste centro de traballo.

Os resultados electorais foron os seguintes:

CUT 3 delegad@s (41 votos), CIG  3 delegad@s (36 votos), UGT 2 delegad@s (22 votos), CCOO 1 delegad@ (21 votos).

Durante os vindeiros catro anos, Rubén, Marcos e María Isabel representarán á CUT no comité de empresa. Agradecen inmenso o apoio recibido.