15F-Manifestación en Madrid temporais públicos en fraude de lei

84

O sábado 15 de febreiro haberá en Madrid unha importante manifestación das traballadores e traballadores temporais das diversas administracións públicas que estiveron anos contratados en fraude de lei (ou aínda están en moitos casos) por abuso da temporalidade.

A mobilización, convocada por 10 particulares (persoal afectado de diversas procedencia) baixo o lema “Manifestación polo cumprimento da Directiva Europea 1999/70/CE, pola fixeza de empregad@s públic@s en fraude de lei por abuso de temporalidade”, é apoiada pola USDG-CUT (a Unión Sindical de Docentes de Galiza) e, polo tanto, polo conxunto do noso sindicato, que acredita firmemente na xustiza das reivindicacións deste amplísimo colectivo de traballadores e traballadoras que levan demasiados anos xa padecendo a precariedade da patronal pública que, lonxe de dar exemplo, é unha das máis salvaxes precarizadoras. Para saber en profundidade o que estes compañeiros e compañeiras reclaman, recomendamos consultar a web dos e das afectadas organizadas.

Para viaxar a Madrid ese sábado, a USDG e outros colectivos están a organizar o flete de autobuses desde as cidades de Ferrol, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Compostela. O prezo do transporte é de 30 € ida e volta, que hai que aboar na conta de USDG da Caixa Rural Galega ES49 3070 0037 1662 1564 1728, indicando nome e apelidos do/s viaxeiros/s, DNI e cidade de saída. A data límite para anotarse é 12 de febreiro. O pagamento confirma a reserva e será imprescindible presentar xustificante bancario do ingreso ao subir ao autobús. O horario de saída será confirmado na semana anterior de cada punto de saída xunto cun teléfono de emerxencia da persoa coordinadora. Como as prazas son limitadas, non se aceptarán cancelacións que teña que asumir a organización, salvo que se consiga o intercambio con outro viaxeiro que cubra ese gasto.

Para dúbidas e máis info:

usdg.gal@gmail.com

Telegram: @SouGz

Messenger Facebook: USDG-CUT