Memoria

24

O acompañamento da memoria é indispensable para facer política de transcendencia. Sen ela, sen o seu apoio esencial, quedaríamos desasistidos.

Aqueles que deixan que lla arrebaten, ou que se desprenden dela, coñecen de antemán a derrota en cada batalla. Porque a súa perda, por vontade propia ou por aceptación, vólveos infinitamente máis débiles.

Ao cabo e sen remedio, esa desarticulación da memoria corresponderá sempre ao derrubamento do ser.

Para darlle sentido aos nosos pasos, é necesario o entendemento do camiño nas dúas direccións, a da experiencia vivida e a dos propósitos.

Non habería lugar á liberdade nin á xustiza se descoñecésemos quen somos. Careceriamos de vida propia.