As pensións non son caridade

80

As rúas da Coruña, Vigo e Compostela acolleron onte as manifestacións convocadas pola CUT e outros sindicatos combativos en defensa de pensións e salarios dignos. Desde a CUT reafirmámonos na necesidade imperiosa de reactivar a loita nas rúas para esixir a recuperación dos dereitos que se lle cercenaron á clase obreira durante a mal chamada crise económica. Agora e sempre, a loita é o único camiño!