A CUT gaña as eleccións en Mascato

108

Nas eleccións sindicais celebradas hoxe, a CUT pasou de tres a cinco delegadas en Mascato, Salvaterra do Miño, obtendo a maioría absoluta dun comité de empresa de nove traballadoras (5 CUT, 3 CIG, 1 UGT).

A nosa teima foi conseguir un convenio propio e sair do de Elaborados que asinan en Madrid aqueles quen non saben onde está Galiza

Durante os pasados catro anos conseguimos que a empresa aumentara a contratación indefinida e que o chamado “plus de produtividade” pasara a ser unha cantidade fixa e a cobrar todos os meses. A nosa teima foi conseguir un convenio propio e sair do de Elaborados que asinan en Madrid aqueles quen non saben onde está Galiza.

Non tiñamos a maioría para forzar esta situación, pero agora sí, e imos ir a por todas. O traballo feito nos últimos catro anos tivo hoxe a recompensa das traballadoras e traballadores de Mascato. Agradecemos este apoio e tentaremos xustificar a confianza depositada en nós.