Moción contra as políticas represivas de URBASER

189

A CUT rexistrou este xoves 16 de xaneiro unha moción no Concello de Redondela para pedirlle á corporación municipal que lle esixa á concesionaria URBASER que cumpra coas condicións que establecen os pregos, que respecte os dereitos dos traballadores, que cese dunha vez a represión sindical e que retire as sancións que lles impuxo a varios afiliados da nosa Central, así como que readmita ao compañeiro despedido nesta mesma campaña de persecución e acoso.

Todas estas accións de URBASER veñen precedidas de varios acordos nos que a empresa tivo que ceder para non ser demandada. Unha vez pasou o tempo, a subcontrata mostrou a súa verdadeira faciana e comezou a perseguir e a reprimir traballadores por toda a provincia, afectando tamén a compañeiros que prestan servizos para o concello de  Redondela.

A CUT considera que, sendo pública a titularidade do servizo, o concello debe asumir a súa responsabilidade na xestión deste conflito e garantir o respecto polos dereitos dos traballadores, que están a ser gravemente vulnerados por URBASER. Un dos grupos municipais xa garantiu que se vai dar o debate no Pleno e someterse a votación a moción. Independentemente do resultado da mesma, que se fale no pleno desta cuestión é xa unha boa nova. Seguiremos con atención a súa evolución.