Dignidade

33

O sentido da dignidade é a arma máis poderosa dos pobos contra os imperios. O sentido da dignidade, o orgullo de ser.

É a clave da rebeldía dos oprimidos contra os poderosos, dos explotados contra as oligarquías e burguesías, dos excluídos, dos esquecidos, de todas e todos os que militan na causa humana contra o patriarcado, contra o capitalismo, contra o racismo, contra as culturas opresoras.

O sentido da dignidade é a base a partir da cal mantense a resistencia e vanse construíndo as contraofensivas.