Condena á Xunta por vulnerar a nosa liberdade sindical

245

O Xulgado do Social nº1 de Compostela vén de condenar á Xunta de Galiza por vulneración da liberdade sindical da CUT, ao negarlle acceso a un local sindical e ás listas de correos electrónicos á súa representación

A xulgadora do Social nº1 de Santiago de Compostela vén de condenar á Xunta de Galiza a que “asigne, de manera inmediata, a la actora un local ajustado, así como el material adecuado de oficina con acceso a Internet” e “de acceso a las listas de distribución de todos los empleados de la empresa, en las mismas condiciones que los demás sindicatos con Secciones sindicales constituidas”. Así mesmo, condena á Xunta de Galiza ao pagamento de 15.625,50€ ao sindicato como resarcimento polos danos e prexuízos ocasionados polo obstáculo á actividade sindical desta central.

no proporcionar los medios necesarios para el desarrollo de la acción sindical, sin causa justificada para ello, en los términos solicitados por la actora, implica en si misma poner obstáculos para el ejercicio de la libertad sindical, por lo que ha de considerarse que ha existido una vulneración de derechos fundamentales

O conflito orixinouse ante a permanente pasividade da Xunta de Galiza para entregarlle á CUT, malia a obriga legal, un local sindical en termos de igualdade cos demais sindicatos, así como a darlle acceso ao listado de envío por e-mail de información sindical, sen sequera responder ás permanentes solicitudes da CUT para a súa inmediata entrega. Durante case un ano a CUT “vén sendo privada dos medios esenciais para o exercicio da súa actividade sindical, un bloqueo sindical e politicamente interesado que estivo privándonos da mínima actividade na nosa representación no ente autonómico”, afirma Ricardo Castro, secretario xeral da CUT.

A xuíza considera que “parece claro que la conducta de la demandada de no proporcionar los medios necesarios para el desarrollo de la acción sindical, sin causa justificada para ello, en los términos solicitados por la actora, implica en si misma poner obstáculos para el ejercicio de la libertad sindical, por lo que ha de considerarse que ha existido una vulneración de derechos fundamentales en los términos denunciados”.

Ricardo Castro, secretario xeral da CUT, considera que esta resolución é unha mensaxe clara ao goberno galego e á súa “política antisindical e represiva” e conclúe dicindo que “agora qúedalles suplicar ante o TSX para exercer o seu dereito ao pataleo, e seguramento o farán para non asumir que se equivocan e que non poden actuar como se as institucións e os dereitos lles pertenceran. Sabemos que levan o fascismo no seu ADN, mais non imos permitir que nos amedrenten, utilizaremos todas as ferramentas que poidamos para frealos, a nosas e as deles”.