Como facer da Cultura un negocio (en 5 pasos, por Alberto Núñez Feijóo)

84

A Xunta do PP xa ten anos de experiencia na privatización do público.
Seguindo as pautas marcadas por Alberto Núñez Feijóo, mostrámosvos o fácil que é liquidar os servizos culturais con tan só cinco pasos:

  1. Non cubrir as vacantes.
  2. Ao pouco, modificar a RPT (Relación de postos de traballo) para
    suprimir as vacantes alegando que non están cubertas.
  3. Os servizos públicos reséntense polas prazas suprimidas.
    Mesma carga de traballo con menos persoal.
  4. O mal funcionamento dos servizos por falta de persoal fai que a
    administración resolva suprimilos.
  5. Ante a demanda da sociedade de restablecer os servizos
    públicos suprimidos, a administración accede, mais agora son
    externalizados través de gorentosos contratos cos lobbies
    empresariais.

O 19 de outubro deste ano, por fin, aprobouse a RPT da Consellaría de Cultura e Turismo que confirma as nosas sospeitas. Amortizáronse un total de 29 prazas que suman ás numerosas supresións de postos de traballo de anos anteriores. Función Pública sempre xustificou a eliminación de postos de traballo pola crise mais unha vez esta pasou non houbo reposición, todo o contrario, seguimos na política da liquidación do emprego público.

Cultura é un departamento tradicionalmente maltratado pola administración galega, mais somos conscientes que estas directrices privatizadoras son padecidas polo resto de ámbitos competenciais da Xunta de Galiza: sanidade, educación, política social e montes… Que reverta esta situación, só está da nosa man. Só precisamos
organizarnos! As traballadoras e traballadores públicos somos quen de parar esta tolemia neoliberal.

Pola defensa dos Servizos Públicos!!!
Afíliate e participa!!!