A CUT revalida a confianza en SANTOS

154

Hoxe celebráronse eleccións sindicais na madereira compostelá SANTOS, COCIÑAS E BAÑOS, onde a CUT revalidou a confianza de parte do persoal repetindo con dous delegados nun comité de empresa de 9 membros.

Nas oficiñas obtivo CCOO os 2 delegados en xogo, mentres que no taller, onde a CUT presentaba candidatura, a CIG obtivo con 63 votos 3 delegados, 2 delegados a CUT con 42 papeletas favorables e outros 2 CCOO recibindo a confianza de 29 traballadores.

O novo comité estará composto pois por 4 delegados de CCOO, 3 da CIG e 2 da CUT. Salientables o descenso da CIG nesta ocasión, a orde de voto da patroal a favor de CCOO e o medre da CUT, que pasou de 31 votos na cita de hai catro anos aos 42 actuais.

Parabenizamos aos compañeiros que manteñen o facho da CUT en SANTOS desde hai anos cun irrepochable e honesto traballo sostido no tempo.