“La Federación Sindical Mundial 1945-1985”

85


“La Federación Sindical Mundial 1945-1985”

Accede, lee, descarga e comparte esta pequena historia

A CUT forma parte, cun humilde pero sólido compromiso internacional, da Federación Sindical Mundial (F.S.M). Pero, que é a F.S.M?. De onde ven? Que representa? Achegarse á historia con máis preguntas que respostas é unha das formas de facer noso todo ese pasado. Que ademais ten á máis puntual das actualidades. O libro La Federación Sindical Mundial 1945-1985 responde a moitas dúbidas e provócanos outras inevitábeis: se esta é a nosa historia, que camiño habemos andar no futuro?

  • Como se fundaron as primeiras asociacións obreiras na Gran Bretaña do S. XVIII?
  • Cales foron as primeiras Trade Unions no século XIX e a que obxectivo serviron?
  • Que papel xogou no movemento internacional a AFL ianqui, e o seu secretario xeral S. Gompers?
  • Que relevancia tivo a Conferencia Internacional de Mulleres Socialistas de 1910 para o movemento obreiro?
  • Como naceu o 8 de marzo, como data esencial das mulleres obreiras?
  • Como repercutiu a alianza bélica dos EEUU – Gran Bretaña – URSS na consitución da F.S.M?
  • Que pasou en París en setembro e outubro de 1945?
  • Por que adheriron a AFL ianqui e a TUC inglesa o Programa de Reconstrución Europeo (Plan Marshal)?
  • Por que os sindicatos dos EEUU e a TUC inglesa se enfrontaron á alianza internacional?
  • Como conseguiu a F.S.M. agrupar malia todo a 71 millóns de obreiras de 43 países nun só ano?

Consideramos que este libriño, editado en outubro de 1985 en Praga pola F.S.M e a editora Prace, dos Sindicatos Checoslovacos; e que contén o traballo de sindicalistas como E Erban (Checoslovaquia); M. Sen (India); L. Turiansky (Uruguai) e E. Pereira (Estado Español), pode poñer moita luz sobre este pasado tan recente, ao que o movemento obreiro galego lle debe moito.

Descargar Libro en PDF

La Federacion Sindical Mundial 1945-1985