CUT Política Social: batallar polo artigo 19

199

CUT proponlle ao Comite de Empresa de Política Social dar a batalla polo artigo 19

Esta semana constituíase o Comité de Empresa de Política Social da Coruña, no que a CUT ten unha representación ínfima, de dúas delegadas sobre 25, pero con disposición a marcar o ritmo da actividade sindical na Consellaría. Esta Consellaría, unha das máis feminizadas e precarizadas do conxunto dos órganos da Xunta, sofre como ningunha, pola súa natureza de servizo público esencial ao cargo das residencias de maiores (asistidas ou non), das escolas infantís, dos centros de día, e doutros centros de asistencias esencial á cidadanía.

 

A suspensión da compensación de festivos, de fins de semana e a revogación de descansos alternativos para os homes e as mulleres que atenden as 24 horas ao noso benestar supón un dos ataques máis agresivos aos dereitos colectivos

Por iso, a suspensión do artigo 19 do V Convenio Colectivo do persoal laboral da Xunta golpea aquí cunha dureza inusitada. A suspensión da compensación de festivos, de fins de semana e a revogación de descansos alternativos para os homes e as mulleres que atenden as 24 horas ao noso benestar supón un dos ataques máis agresivos aos dereitos colectivos e sobre todo, á capacidade destas compañeiras e compañeiros para teren vida propia fóra do traballo.

non podemos seguir a facer depender de outras e outros as nosas conquistas.

Por iso, o mesmo día en que o Comité se constituiu, a CUT propuxo unha xuntanza inmediata con todos os comités de empresa provinciais, para poñer en marcha unha campaña de mobilizacións para que nos devolvan o roubado. Achégase un 2020 de eleccións autonómicas, e nese proceso o Goberno é máis débil do que nunca á existencia dunha masa social mobilizada de maneira orgullosa, activa e combativa. Manifestamos que non podemos seguir a facer depender de outras e outros as nosas conquistas. Se os demais Comités deciden non unirse deberá ser o Comité da Coruña por si propio o que inicie unha campaña para recuperar o artigo 19. Porque unidas, fortes e perseverantes, non hai quen nos pare.