Acordo de convenio en Copo Ibérica tras o anuncio da convocatoria de folga

214

Onte desconvocouse en Copo Ibérica a folga indefinida que estaba previsto comezar hoxe mércores 4 de decembro pola ruptura das negociacións do novo convenio colectivo. O motivo, a sinatura no AGA, poucas horas antes do inicio do paro, dun acordo que se materializa nos seguintes puntos:

  • Incremento salarial Grupos 1 ao 7
    • 2019: 2% consolidado retroactivo
    • 2020: 2% consolidado
    • 2021: 2% consolidado
    • Total 6%
  • Para o Grupo 8:
    • 2019: 3% consolidado
    • 2020: 2% consolidado
    • 2021: 2% consolidado
    • Total 7%
  • Postos indefinidos: Ademais dos postos marcados en convenio, 12 persoas a maiores dos que por Convenio teñan que facerse por superar a porcentaxe de eventualidade.
  • Paga por firma convenio:  300€ non consolidados.
  • Paga resultados en Xuño: ata o 1% dependendo de resultados da empresa.
  • Fondo social: aumento a 15.000€/ano para cubrir facturas que non cubre a seguridade social para o traballador/a, conxugue e fillos/as.
  • Aumento entrega de roupa laboral
  • Mellora na calidade do calzado
  • Marxe de media hora de entrada para o persoal técnico

A loita é, e será sempre, o único camiño. E a folga, unha das nosas mellores ferramentas!