Concello de Marín: 2 representantes da CUT

79

Este venres 29 de novembro celebráronse as eleccións sindicais no
Concello de Marín, que conta cun cadro de persoal de 146
traballadoras e traballadores.

Da CUT foron elexidos 2 representantes para unha Xunta de Persoal de 9 membros. 3 delegados serás da UGT, 2 de CCOO, 1 da CIG e 1 do SCIF.

Con estes resultados a CUT revalida non só a representación sindical, senón que consolida un traballo de catro anos neste concello.