Memoria sindical das cigarreiras da Coruña

107

O patriarcado escribe a historia sen que nela figuren as actividades, tomas de conciencia e sublevacións exercidas polas mulleres ao longo dos séculos. As mulleres para o poder sempre fomos seres humanos de segunda, mais se nos fixamos ben na historia atopamos, por exemplo, que o maior colectivo obreiro dos anos 20 do século XIX na Galiza estaba na Fábrica de Tabacos da Coruña.

Son o primeiro oficio manufactureiro que vai traballar á marxe do campo e da terra. As súas traballadoras comezarán a organizarse no ano 1828 debido ás pésimas condicións laborais e os baixos salarios. Son estas obreiras as que formarán as primeiras Irmandades de Socorro Mutuo no 1834, e protagonizarán revoltas de grande impacto a partir de 1830 en todo o estado español, conseguindo así as primeiras salas de lactancia, garderías e escolas dentro das propias fábricas .

Ana Rosa Masiá, profesora e historiadora, contaranos o vindeiro mércores 4 de decembro, ás 20 horas, na Casa das Asociación de Cornes en Compostela, a historia destas loitas obreiras que non debemos esquecer.

Loita sen medo, porque non nos calaron e non nos calarán! Esperámosvos.