Petit Comité 21 de Novembro 2019

72

No día de onte celebrouse unha xuntanza entre a Dirección da Empresa é unha representación do Comité. Na mesma informaron:

En materia produtiva manteñen as previsións que xa trasladaran na anterior xuntanza, seguen coa idea de traballar o festivo 6 de decembro no S1 sen pretender pagar máis polo mesmo. Tamén nos matizan que o 6 de Xaneiro a quenda de Fds non traballaría. A incorporación da quenda de noite no Sistema 1 prevista para comezar o 27 de Xaneiro, estudan facelo 1 semana antes (20 Xaneiro).

O motivo real para a CUT desta convocatoria, foi mais ben para darnos traslado oficial da denuncia que por parte da Empresa se tiña realizado esta semana na Xunta de Galiza, para negociar o vindeiro Convenio Colectivo. Nos trasladan que proximamente seremos convocados para subscribir as bases de como se vai celebrar esta nova negociación. Será este un motivo do adianto da quenda de noite no S1?.

A Empresa sempre xoga cos tempos, e ca opinión publica cando o precisa facendo comunicados a prensa que desvíen a atención dos problemas reais que sofren as persoas traballadoras, xa sexa por motivos laborais ou demandas sociais.

Demandas realizadas pola CUT:

Dende a CUT, advertímoslle que antes do remate deste ano, a Empresa debe cumprir cas 80 novacións de contrato previstas, así como tamén os 80 cambios de quenda (sen novar) de persoas traballadoras da noite cara o dia, comprometidas no documento do ERTE e que tiñan que facer a partires da creación da 2ª quenda.

Tras varias denuncias da CUT a Dirección, unha vez recoñecida pola mesma que procedería a pagar o complemento de Fds nas xornadas que realizou no mes de Agosto cando cubriu as quendas do día de Luns a Venres, existían persoas traballadoras que xa non estaban no Centro pola finalización do seu contrato, debera facerlle o ingreso correspondente como ós que manteñen o contrato en vigor. Quizais ante a denuncia da CUT nos xulgados o negarlle o cobro da prima variable nos contratos eventuais. Neste caso a Dirección contesta afirmativamente, e vai a proceder o abono de diferencias salariais, o cal celebramos.

Recriminamos a Dirección que os traballos internalizados para o persoal de PSA que antes realizaba GEFCO, novamente os vai a recuperar esta Empresa auxiliar. Ou as persoas limitadas, adaptados neses postos,  “sanaron” milagrosamente, ou os acordos alcanzados no AGA tiñan data de caducidade. A Dirección matiza que esa medida era transitoria. A CUT oponse a perder ditos postos.

No mesmo senso, pedimos que o S1 recupere no descanso das 12:25h os 2´min adicionais da última parada, en igualdade co S2 que si esta desfrutando, un compromiso que tamén se incumpre. A Empresa non accede, xerando unha nova discriminación entre liñas. Onde non discrimina e entre sistemas e nas cargas de traballo, que neste Convenio debemos abordar todos os sindicatos de clase sen fisuras para buscar unha solución real non so para mellorar as nosas condicións económicas, senón sociais, laborais, e na saúde laboral.

 

Aparcamento:

A CUT insta a Dirección a que busque ca administración publica e o apoio privado solucións ante a falla evidente de aparcamento, que se vai a incrementar incluso mais cando comece a funcionar a quenda de noite no S1, pedimos tamén que se reabra a portaría de Pereiró para minimizar os desprazamentos. Ao tempo que deixe de perseguir mediante a ameaza do RPH aos que aparquen mal o coche no parking e gaste o tempo en buscar solucións. Dende a CUT xa lle remitimos tanto a Dirección de Zoa Franca, como a Responsable do Concello nesta materia, para que se estuden alternativas urxentes que incrementen as prazas de aparcamento.

No seu día a CUT xa advertía que en materia de protección da datos a Empresa ao noso entender non esta a cumprir ca lexislación vixente que foi posta en marcha pola UE. Agora nos informa que vai a facer unha actualización tendo en conta que agora os nosos datos van a ser cedidos para a configuración das nosas nóminas dende Marrocos (Nova perda de Emprego). Dentro dos dereitos inviolables da cidadanía recollidos en diversas normas da UE, lexislación e da constitución do estado español artigo 18: Garantirase o dereito a honra, a intimidade persoal e familiar, así como a súa propia imaxe”. Nos preguntamos como a Dirección relaciona as matriculas dos vehículos mal aparcados cas persoas condutoras dos vehículos para que estes sexan advertidos polos RPH?. Sospeitamos que se asocian mediante as cámaras de video-vixiancia.

O fin non xustifica os medios, podendo ter razón no fondo, non o teñen na forma, e a CUT seguirá defendendo os dereitos das persoas traballadoras.

Tamén se lle recordou a empresa que estamos a espera de que cumpran cos últimos requirimentos de inspección, esperamos non ter que iniciar outro camiño con este tema.