Productividade PSA Vigo

43

Sabias que?

O custe laboral sobre as ventas na fábrica de Vigo representou o 6.08% no ano 2018.

O custe medio por traballador foi de 43.712€, temos que recordar que nesa media, o igual que na anterior, están incluídos os 886 mensuais, que non poñen unha man sobre o coche, a non ser para apoiarse, pero cobran mais que si o fixeran i está incluído tamén o salario do Sr. Bueno e o Sr. Codina, que según nos consta, é un desprazado que cobra da fábrica de Vigo, así coma o resto de directores. O voso custe laboral individualizado podedes comprobalo na famosa APP “Live´s in PSA”, no tamén famoso BSI (Balance Social Individual), que a dirección quixo incluír “para que fuéramos conscientes de lo que le costábamos a la empresa” palabras textuais.

Ohhhh sorpresa, ti lle custas bastante menos da media, 36.500€ +/- si es unha/un das privilexiadas/os que  teñen unha categoría 5 e a prezo de saldo si es das/os “afortunadas/os” que teñen un contrato de formación, 29.000€ +/-, non comeces a chorar, aínda temos máis…

O custe de persoal por coche fabricado ascendeu a 660€ no 2018 e como xa dixemos nalgunha ocasión o beneficio de PSA por coche vendido e de 1.405€ netos (unha vez pagados tódolos custes). Estando o grupo a cabeza mundial, só por debaixo de Porsche, BMW e Mercedes.

Isto implica que cando arranque a quenda de noite no sistema 1 (27 de xaneiro 2020), a produción prevista será de 2200 coches dia ou dito de outra forma, PSA gañará 3.091.000 de Euros limpos de polvo e palla gracias o noso esforzo.

A produtividade media por traballadora/or, e dicir, os cochiños que cada unha de nós fabricou, foi de 70 durante o ano pasado (insistimos en que nesta media entran tódalas/tódolos traballadoras/es) co cal, cada unha de nós xeramos un beneficio de 98.350€ logo de pagar o noso salario.

Como aquí éramos a 31 de decembro do 2018 5.655 traballadoras/es, xeramos un total de 556 Millóns de Euros que representa un 16% dos beneficio netos do grupo o ano pasado. Isto ben sendo 1/7 (redondeando o alza). Será que o grupo só ten 7 fábricas ou será que somos unha das máis produtivas….. Si Marrocos e Portugal teñen mellores números que nós (según eles), o resto deben dar perdas….

E agora xa podes chorar si queres pero o máis razoable é que reclames o que é teu….

NON TE CONFORMES CON MENOS DO QUE MERECES

CUT, SINDICALISMO NECESARIO