Comunicado da CUT ante a represión política do estado español

177

Os feitos que se sucederon en Euskadi e Catalunya nos últimos anos tiveron como consecuencia a demostración do seguinte:

  • No estado español non existe a democracia
  • No estado español xamais consentirán a autodeterminación dos pobos
  • O estado español precisa dun contexto de violencia continua para xustificar o seu adn antidemocrático e fascista

Neste contexto pretenden criminalizar calquera posición disidente e crítica co pacto do 78, pacto que sempre foi contestado polas posicións independentistas das diferentes nacións colonizadas polo estado español. A represión está extendida por todo o estado español e, unha vez máis, tócanos en Galiza; desta vez cunha montaxe fantástica e parapolicial contra militantes de CausaGaliza e Ceivar.

Dende a CUT condenamos a represión do estado fascista español e avogamos pola defensa da clase traballadora galega.

En Compostela, a 11 de novembro de 2019

O Secretariado Nacional da CUT