Estimado voluntario

23

Estimado/a  voluntario/a do Sistema 1:

A Empresa ten a intención de solicitar a túa colaboración para que por primeira vez nos máis de 50 anos de historia da fábrica, traballar unha xornada festiva. O 6 de decembro, día da constitución. Estanse a perder os valores!.

A Empresa unilateralmente, decidiu declarar ese día como laborable de carácter voluntario para toda a plantilla, e pagar ese día a valor de Sábado coas dúas opcións que xa ten practicado. Sábado de horas extras estruturais, ou Sábado hora X hora  para acumular en contador individual + complemento de festividade e quilometraxe.

Voluntarios/as cal é a vosa intención?.

Antes de que “libremente” tomedes a vosa decisión, dende a CUT queremos facervos chegar unhas reflexións:

-. Durante este 2019, os contratos a tempo parcial, foron enviados para casa durante 36 dias sen salario. Apesares de que a Empresa tiña coñecemento de que teñen o vicio de comer tres veces ao dia, pagan alugueres, hipotecas, e facturas todos os meses.

-. Durante este 2019, maioritariamente os/as fixos/as de 8h foron enviados/as a consumir do seu paro coa xenerosa aportación de pouco máis de un euro diario da Empresa. Namentres outros/as (sempre os/as mesmos/as) viñan a pintar e quentar as máquinas de café.

-. Lembrades o primeiro Domingo de noite, que se pagou como horas extras estruturais?. E logo xa non se volveu pagar porque o que seria algo ocasional traballar en domingo, pasou a ser obrigatorio e case gratis. -. Lembrades cando antes do 2014 pagábase 1,50h  de compensación por hora traballada en Sábado?.

Ábrese unha perigosa porta si se acepta traballar os festivos voluntariamente, aceptando unhas condicións moi, moi baixas, a pesares de que sexa voluntario para as persoas traballadoras con contrato indefinido. Lembrade que noutras empresas da automoción un Sábado pagase a 150€ + 1 dia de descanso retribuído. Canto pagaríase por un festivo?.

A Empresa ten necesidade de fabricar?. E ti?; tes necesidades?.  Cargas de traballo, Adaptacións, Novacións , Conciliacións, Contratos Indefinidos, Salarios…

Porque a Empresa non quere falar delas?; é mal momento?.  Si, é mal momento porque as cousas vanlle moi ben a Empresa. Cando lle foron mal viñeron cos recortes do 14, e agora que lle van moi, moi, ben…, nós continuamos cada vez peor. Cando é o noso momento?.

Voluntario/a, non te conformes con menos do que mereces!

 

Os Sábados de velada tamén previstos no Sistema 1, tamén merecen mención a parte:

O mes de Outubro foi o que mais xornadas de ERTE se instrumentalizaron, e agora no mes de Novembro prográmanse 3 Sábados laborables e para algúns colectivos obrigatorios ao ter un saldo negativo superior a -10 na súa Bolsa de Horas, que por “ende” foron os colectivos que mais sufriron o ERTE.

A maiores no mes de Decembro, tamén se declaran varios Sábados como laborables, e un previo á entrada dun período vacacional que en 50 anos de historia da fábrica xamais se programou. Declaran o Sábado 21 de Decembro último Sábado do mes previo como dicimos ás vacacións para a quenda B, ten carácter obrigatorio para os que teñan saldo negativo superior a -10 de Bolsa de non ser cuberto o seu posto con voluntarios/as.

En definitiva, se traballamos por 10, non van a dar 15, e incluso poden baixalo a 8.

 DENUNCIAS INSPECCIÓN:

1.- Achegase o final de ano e como é costume habitual, e mais cando estamos a portas da negociación dun convenio, das “entrevistas” para a “valoración” por parte do RU do Referencial de Competencias que servira “supostamente” para a nosa promoción profesional e conseguinte ascenso profesional.

Dende a CUT levamos insistido perante a dirección que poña en marcha o articulado no convenio que di: “Establecerase un programa de seguimento da situación dos/as traballadores/as que non evolucionasen de nivel nos últimos cinco anos, habilitándose mecanismos específicos…” Existen na plantilla do Centro persoal que leva 10, 15 ou 20 anos sen promocionar categoría, unha discriminación clara para con algúns/as, dependendo dos criterios arbitrarios dos mandos ou outras “circunstancias”.

Trala denuncia da CUT, a Inspección de Traballo, lle require a empresa a posta en marcha de forma inmediata deste programa de seguimento das categorías.

2.-A CUT ten solicitado á empresa o “rexistro salarial”, cos valores medios, complementos, percepcións extrasalariais da plantilla desagregados por sexo e distribuídos por grupos profesionais, categorías profesionais ou postos de traballo iguais… Como sempre a dirección non facilita esta documentación. Polo tanto e trala denuncia da CUT á Inspección de Traballo lle recorda a empresa a obrigatoriedade de levar un rexistro salarial.. desagregado por sexo.. e o acceso ao mesmo aos representantes dos traballadores/as ou as persoas traballadoras.

3.- Tamén queremos lembrar o requirimento que inspección fixo a dirección “Para que en el futuro y de forma inmediata, PEUGEOT CITROEN AUTOMÓVILES ESPAÑA, aplique la interpretación jurisdiccional de la sala de lo social del Tribunal Supremo en el disfrute de permisos/licencias por parte de su personal”. Isto quere dicir que os permisos terán que comezar a desfrutarse dende o primeiro día laborable despois do feito causante, e a empresa non está a cumprir.

SE LOITAS PODES PERDER, SE NON LOITAS ESTAS PERDIDO/A

                      CUT – Sindicalismo Necesario