Asinado o convenio de Pescados Marcelino en Aldán

48

Pescados Marcelino SL, radicada en Aldán (Cangas), é unha empresa que con 44 empregos, o 90% ocupados por mulleres, dedícase á actividade de cocedeiro de mexillón, sendo das máis importantes deste sector de transformación e elaboración.

Despois de dous anos sen renovación do convenio colectivo, coa entrada como delegada sindical da CUT da compañeira Carmen Cordeiro, esta semana chegouse por fin a un acordo polo cal os salarios incrementaranse no 2,5% para o ano 2019 e no 2% para o ano 2020.