A CUT entra por primeira vez en Supermercados Moldes

100

Este martes celebráronse eleccións sindicais en Supermercados Moldes. A CUT presentouse por vez primeira no colexio de especialistas e conseguiu entrar no comité. Ao igual que hai uns meses no FROIZ, comezamos un camiño novo onde tentaremos axudar a todas as persoas traballadoras desde a honestidade e utilizando a conciencia de clase e a asemblea coma ferramentas principais.

O comité queda composto, pola mesa de especialistas, por 5 membros da CIG, 1 de FETICO, 1 de USO e 1 da CUT. Se queren pelexar estaremos no mesmo bando, do contrario non.