Vigo sen bombeiros: comeza a folga

136

Hoxe comezou a folga indefinida convocada pola CUT e pola CIG no parque de bombeiros do Concello de Vigo. A medida adóptase sobre todo para loitar contra a ausencia de persoal que hai para desenvolver este servizo público, que conta cunha dotación de tan só 100 bombeiros cando deben figurar 149 e 207 se temos en conta a proporción da comarca.

O paro indefinido arrancou esta mañá coa presentación dunha denuncia en Inspección de Traballo pola utilización de funcionarios en prácticas sen experiencia algunha para a cobertura do servizo, co risco que isto supón para estes compañeiros e para toda a cidadanía.

A folga, apoiada pola maioría da plantilla, é unha medida de presión que se intensificará nas vindeiras xornadas se non hai avances por parte do Concello.