CUT e CIG convocan folga indefinida nos bombeiros de Vigo

170

No día de onte, a CUT e a CIG, convocaron folga indefinida no parque de bombeiros do Concello de Vigo a partires do 14 de agosto. A razón principal é a ausencia de persoal para desenvolver o servizo público, contando con tan só dunha dotación de 100 bombeiros cando deben figurar 149 e 207 se temos en conta a proporción da Comarca de Vigo. Esta situación resolveuse nos últimos anos utilizando as horas extra coma se foran horas ordinarias, chegando a facerse 38.000 horas extra anuais cunha plantilla envellecida. Cando os bombeiros decidiron dicir basta a este abuso, o Concello aprobou un Decreto que os obriga a facer esas horas dobrando xornadas de 24 horas e poñendo a traballar a funcionarios en prácticas que xamais entrou nun lume, co risco que isto supón para eles, os compañeiros e a cidadanía.

O Concello da largas a esta situación e non aporta solución algunha, non nos deixa outra que convocar esta folga coma medida de presión, apoida por unha maioría aplastante da plantilla, agardando que recapacite.

VIGO está SEN BOMBEIROS, o Alcalde minte dicindo que piden máis salario, a única demanda e cubrir as prazas precisas para o servizo público, o reparto do traballo e non multiplicar horas extra, rozando os delitos penais. Coma ben se dixo onte na rolda de prensa VIVIMOS NUNHA CIDADE FERMOSA, SI, PERO PERIGOSA.