Escravos 4.0

80

Sr. Bueno, bastan cinco minutos de conversa coas persoas traballadoras da cuarta quenda, para sentir o seu desánimo i empaparse da frustración que se acrecenta na persoa que o da todo (saúde incluída) e a cambio non recibe nada. Seguramente vostede considera que nas reunións que mantén habitualmente con unha parte da plantilla desta fábrica, as persoas traballadoras que a elas asisten, son libres de expresarse e non se senten intimidadas por sentarse, diante do director e dos distintos responsables de persoal do centro.

Pero cando falan dende a confianza no interlocutor, cando saben que aínda que o que digan non sexa do agrado do que escoita, a súa opinión non vai a ter consecuencias na duración do seu contrato, é aí cando se desinhiben e mostran a realidade do seu sentir.

Na CUT tamén somos conscientes de que seguramente vostede, dende a súa atalaia, non chega a enterarse de certas actitudes contrarias os acordos vixentes e carentes de toda ética e humanidade que manteñen certos Ru’ s ou Rg’ s coas persoas traballadoras o seu cargo.

A raíz das múltiples avarías en ferraxe das últimas datas, que por certo son consecuencia da continua desprofesionalización do colectivo de mantemento e da falla de persoal e formación. Moitas compañeiras/os tiveron que escoitar da súa xerarquía que “era bueno para tú futuro que te quedaras un poco más, así demuestras tú implicación”. Ese “poco más” implica prolongar a súa xornada por enriba das 13 horas 15 minutos que é o máximo que establece o acordo da cuarta quenda, asinado por esta dirección, e bastante máis do que pode soportarse física e mentalmente sen sufrir consecuencias.

Por se iso fora pouco estas persoas traballadoras en precario, con contratos de tempo determinado, parece ser que tampouco teñen dereito a ter un accidente laboral, xa que no caso de telo se lles convence de que non acudan ao servizo médico, lles dan un par de días de descanso e logo as poñen a traballar “haciendo lo que puedas” pero cando o doutor Ru ou Rg considera que xa pasou o tempo suficiente como para curar a súa doenza, que para algo teñen estudos, volven as insinuacións coa falta de implicación da persoa traballadora, vendo perigar esta o seu sustento e obrigándoa a forzar a súa doenza ata o punto de que acudir ao posto de traballo, se converta no peor dos pesadelos.

E non remata aquí “o conto”, as persoas traballadoras desta quenda de FdS teñen enormes impedimentos para que lle concedan os permisos retribuídos recollidos no convenio colectivo en vigor, inclusive o dia de permisoretribuído ao que temos dereito tódolos/as traballadores/as. Decidindo a xerarquía ao seu antollo se llo conceden ou non dependendo dos criterios que eles consideren.
E ao seu antollo tamén, modifican os seus horarios de entrada e saída amparandose nun acordo de funcionamento desta quenda que e un abuso constante. Ademais parece que aínda teñen que estar agradecidos, tendo en conta que na semana 34esta empresa tan benévola , lles permite que “tan so” traballen 10:50 de luns a venres, un despropósito para unha empresa que se gaba de ser un referente na prevención de riscos.
Unhas condiciónsque xa comezan a padecer dende o principioda súarelaciónlaboral con PSA, onde comezan en “formación” durante 18 diase os poñen a traballar no posto de forma integra e individualmente sen que conten con ningunha supervisión do titular do posto, esixíndolles unha produtividade, esa e a calidade a que aspira esta dirección. Logo se preguntaran o porquéde tanto abandono demozos e mozas moito antes de que finaliceno seu contrato.

No século XXI e na fabrica 4.0 o tempo da escravitude queda moi lonxe e dende a dirección teñen a obriga de non permitir que certos mandos, liberen a frustraciónque lles produza a falta de mediosou de fiabilidade do útil industrial no eslavón máis débil da cadea.