A CUT defende os dereitos das traballadoras sexuais

83

A Central Unitaria de Traballadoras sitúase ao lado da defensa dos dereitos das traballadoras sexuais. Esta posición, reflexionada e aprobada no seo do sindicato, faise pública tras un proceso de reflexión no que tiveron voz as propias traballadoras sexuais, organizacións de dereitos humanos que apostan pola descriminalización do traballo sexual e organizacións abolicionistas.

Tras diversos debates, vimos con absoluta certeza que as traballadoras sexuais son clase obreira, as nosas irmás, polo que este sindicato lles pertence. Descoñecemos aínda os camiños que emprenderemos xuntas e as dificultades que poderemos atopar, pero dende este momento sostemos con firmeza que non imos soltar ningunha man. Levamos dentro de nós, e forma parte da esencia deste sindicato, o lema deste 8 de marzo. Todas con dereitos, ningunha con medo!