A CUT duplica os apoios na limpeza da USC

163

Nas elecións celebradas na limpeza da Universidade de Santiago de Compostela (USC), as traballadoras apostaron por darlle máis apoios ás compañeiras da CUT. Agradecemos todos e cada un dos votos que recibiu a nosa candidatura.

Este pasado mércores, na xuntanza de constitución do Comité de Empresa, trasladamos a necesidade de que a Secretaría elabore de xeito rigoroso as actas das reunións para informar a todo o cadro de persoal e reflexar por escrito os acordos e as discrepancias.

Asimesmo entendemos que o coherente é darlle a presidencia do Comité a CIG, xa que foi a forza máis votada. Neste punto esperamos que a CIG manteña tamén a mesma coherencia cando a CUT é a forza máis votada noutros centros de traballo onde, malia as discrepancias, non podemos estar do lado equivocado.

Agradecemos o traballo feito polas delegadas saíntes, a compañeira Nati e, moi especialmente, a compañeira Hortensia, loitadora incansable e exemplo para todas nós.

O resultado das eleccións para a constitución dun comité de empresa de 9 membros foi: CIG 4, CCOO 3 e CUT 2. UGT quedou fòra ao non alcanzar os suficientes apoios.