A CUT mantén o pulso en Xustiza

72

O pasado 19 de xuño celebráronse as eleccións sindicais na Administración de Xustiza, nas provincias de Pontevedra, A Coruña e Lugo. Dende a CUT queremos agradecer o apoio prestado por parte das traballadoras do sector.

Presentabamos de novo a nosa candidatura despois da resaca deixada por unha folga que foi exemplo para a clase traballadora, unha mobilización longa e dura na que as traballadoras marcaron o paso ao tempo que se viron traizoadas polo pacto escuro de USO, CSIF, CCOO e UGT. Só mantiveron a coherencia a CUT, STAJ e CIG.

Sabemos que o obxectivo da administración, e dalgunhas centrais, era borrarnos do mapa, pero non o conseguiron. O noso proxecto sindical consolídase e, aínda que nos gustaría contar con moito máis apoio, somos conscientes de que as persoas traballadoras da Xustiza queren que teñamos protagonismo.

Contamos con 8 delegadas, agardando aínda por Ourense para nos vindeiros catro anos multiplicar os nosos esforzos para defendervos a todas, fora cal fora o sentido do voso voto.