A CUT gaña as eleccións en COPO IBÉRICA

322

Hai catro anos entrabamos no comité de COPO IBÉRICA con 4 delegadas dun total de 9, presentando lista tan só no colexio de Especialistas e non Cualicadas. Durante estes catro anos traballamos arreo para millorar as condicións das persoas traballadoras, e neste traballo topámonos coas trabas da empresa (non nos facilitou local sindical, non recoñecía a Sección Sindical da CUT, non nos facilitaba a información…) e coa imposición do rodillo da maioría sindical da CIG, cuestión que nos pareceu máis sorprendente, e que impedía constantemente que calquera iniciativa da CUT saíse adiante. En máis dunha ocasión tendemos pontes para facer un traballo conxunto e positivo para as persoas traballadoras, pero parecía ter máis importancia criticar á CUT que defender os intereses comúns.

Onte falaron de novo as urnas e os resultados foron os seguintes:

COLEXIO DE TÉCNICOS E ADMINISTRATIVAS

CIG: 20 VOTOS, 2 DELEGADAS

EN BRANCO 5

CUT: NON PRESENTOU CANDIDATURA

COLEXIO DE ESPECIALISTAS E NON CUALIFICADAS

CIG: 34 VOTOS, 2 DELEGADAS

CUT: 107 VOTOS, 5 DELEGADAS

EN BRANCO: 3 VOTOS

O Comité queda polo tanto constituído por 5 delegados da CUT e 4 da CIG.

Agradecemos o apoio e recoñecemento das traballadoras e traballadores a nosa lista polo traballo feito. Dende hoxe retomamos o traballo, tendo por primeiro obxectivo sacar adiante o novo convenio. Durante estes catro anos imos tomar as decisións de importancia mediante a convocatoria da asamblea de traballadoras e traballadores. A nosa maioría non será para impor criterios, senón para sentir o respaldo da vosa opinión, agardamos contar coa colaboración dos compañeiros e compañeiras da CIG para defender o interese do común.