A VIDA CONTINUA…..

55

Novo vara pau xudicial para a empresa. Unha sentenza sobre a cal non cabe recurso.

no se abriga ninguna duda de que la preferencia del demandante era la obtener el reintegro de la suma depositada, quien tomó postura por ese resultado, tal como se recoge en el comunicado del Secretario de la Sección Sindical de la CUT del día 20 de junio de 2017, que fue remitido a la empresa, en donde, aclarando el significado de esa leyenda de “NO CONFORME” se apunta que la voluntad individual del trabajador fue la expresada en la segunda opción, con reserva del derecho a poder reclamar ante la cantidad detraída por los fondos aportados al plan.

Por tanto, resultando diáfana y no ambivalente la posición mantenida por el trabajador actuante de obtener la recepción del capital con expectativa de cobrar la suma ajustada a la provisión matemática con la consiguiente renuncia al sistema de complemento de jubilación, la demanda ha de ser acogida en sus justos términos…                                                                                      

                                                                                               FALLO                                       En Vigo, a 24 de abril de 2019

Estimar la demanda interpuesta por DON ……………………………… contra la empresa PEUGEOT CITROËN AUTOMÓVILES ESPAÑA, S.A y la compañía Axa Aurora Vida, S.A., reconociendo el derecho del actor a percibir la cuantía bruta de 2.992,68 euros junto con el interés legal del dinero a contar desde la fecha de presentación de la conciliación ante el SMAC, con condena a ambas demandadas a estar y pasar por esta declaración y a hacer frente a sus respectivas responsabilidades.

Agora polo tanto, tal e como xa lle fixemos chegar á Dirección, agardamos que a mesma abra un novo prazo de rescate para todas as persoas traballadoras que no seu día optaron pola opción de cobro recollendo no documento “NON CONFORME” como a CUT aconsellou.  Apertura que tamén debe estender para aqueles que baixo a ameaza do desconto optaron por continuar no plan.

Se a empresa fai ouvidos xordos, a CUT continuara co camiño de denuncia emprendido, ata que todas as persoas traballadoras poidan escoller unha opción sen chantaxes ou ameazas.

Vindeiros Xuízos:

ERTE: O vindeiro 18 de Xuño, celebrarase o xuízo polo acordo do ERTE subscrito no centro que ten afectación no Sistema 1, e que foi denunciado pola CUT.

PRIMA VARIBLE:  Tal e como fixemos publico, a CUT denunciou perante a xurisdición social que as persoas traballadoras con contratos temporais non podían ser excluídos do cobro de dita prima, ao establecerse no acordo requisitos abusivos para o seu cobro. Celebrado o acto de conciliación (SMAC) “sen acordo”, xa temos sinalada data de xuízo para o 15/10/19.

CALENDARIOS MANTEMENTO/CIM PSP: Superado o SMAC sen acordo, pendente data do sinalamento de xuízo.

DENUNCIA INSPECCIÓN: A CUT denuncia perante a Inspección de Traballo, como primeiro paso, o mecanismo de rexistro de xornada implantado pola empresa que ao noso entender incumpre a lei, ao non facilitar o aceso aos traballadores/as, así como a súa representación legal. Mecanismo que pode axudarnos a que contratos para nós en fraude de 4h, pasen a 8h.

FOLGA

Parabenizar as persoas traballadoras que secundaron a folga o pasado 16 de Maio. Lamentar unicamente como critica construtiva, que nas asembleas transmitiuse era un paro sen cores sindicais, sen bandeiras, ou partidismos, e finalmente portarase unha faixa con siglas, cando detrás da mesma camiñaban xuntos non so afiliados/as de UGT, CC.OO, CIG, senón da CUT que apoiou expresamente a convocatoria, así como tamén do SIT, ou persoas traballadoras sen afiliación, e dos talleres de Montaxe, Ferraxe, Pintura, Masillas, etc. É cuestión de respecto aos que a secundamos, na procura de sumar, non restar.

A unidade de loitas e das persoas traballadoras é o único camiño que temos para dobregar a esta dirección intransixente, que fai ouvidos xordos as lexitimas reivindicacións das persoas traballadoras.

Ante a nova convocatoria realizada para o vindeiro Mércores 22 de Maio, como non pode ser doutro xeito, a CUT apoia e anima a tódalas persoas traballadoras do centro a que siga viva a súa voz, e que non deixen que a mesma se silencie con comunicados que pretenden sementar o medo, ou outros medios dixitais que buscan o descrédito mediante a mentira. Abusivo e ilegal é vulnerar o dereito de folga, motivo polo que xa foi condenada a empresa con sentenza firme.

Ante a denuncia da empresa da anterior convocatoria, xa lle adiantamos que a CUT estará sentada coas reivindicacións das persoas traballadoras, e polo tanto defendendo a convocatoria de folga.

Compañeiros/as, é o momento de continuar empurrando todos/as xuntos cunha única voz.

“SE O VENTO NON SOPRA, COLLE OS REMOS”