Vigo está sen bombeiros. Quen apaga o lume?

107

As Seccións Sindicais da CUT e da CIG dos bombeiros de Vigo deron, no día de onte unha rolda de prensa para aclarar a situación de precariedade na que se atopan.

A plantilla de traballadores debe estar, por convenio, nos 149 traballadores, cando a día de hoxe chégase escasamente aos 100 por falta de previsión na convocatoria de prazas. Tal é a necesidade de persoal que fanse 37.500 horas extraordinarias ao ano cun custo de medio millón de euros. Ante a negativa de continuar facendo horas extra nun traballo de perigosidade no que a media da plantilla rolda os 50 anos, o Concello optou por impor un Decreto de obrigado cumprimento para que os bombeiros dobren as súas xornadas.

Esta situación está levando á plantilla a non ter conciliación nin vida privada, provocando situacións de estrés e ansiedade que desembocarán en baixas e menos persoal. A maiores, nos vindeiros tres anos vanse xubilar uns vinte traballadores e as prazas convocadas sempre estará por baixo.

Vigo, a cidade máis grande e importante de Galiza, coma recorda continuamente o seu Alcalde, ten o peor servizo de bombeiros, co risco que isto supón para a cidade e a súa área metropolitana. No polo oposto está A Coruña, que pasou de ser un dos peores servizos a ser o mellor nos últimos catro anos. A lectura que se fai é obvia, a xestión de Vigo foi nefasta, a de A Coruña o contrario.

A CUT e a CIG, nas vindeiras datas, iran intensificando a súa acción sindical para conquerir un servizo digno en medios humanos e materiais. Non queremos horas extra, queremos compañeiros e compañeiras de traballo.