CONCENTRACIÓN/MANIFESTACIÓN venres 26 de 13:00 a 15:00

20

28 DE ABRIL DÍA MUNDIAL DA SAÚDE NO TRABALLO

A limpeza no ambiente laboral é de suma importancia. Manter as zonas de traballo limpas proporciona unha maior produtividade, unha considerable redución de accidentes, maior confort para o traballador/a

Que a limpeza é saúde non é algo que digamos soamente as centrais que asinamos esta nota. A Lei de prevención de riscos laborais obriga ao empresario a que:

Os lugares de traballo, incluídos os locais de servizo, e os seus respectivos equipos e instalacións, limparanse periodicamente e sempre que sexa necesario para mantelos en todo momento en condicións hixiénicas adecuadas.

Esta obriga da Lei como podedes comprobar no día a día non se cumpre nesta fábrica.

  • Vestiarios: polvo nas taquillas, chans sucios, duchas insalubres…
  • Baños: sucios e cheirentos, moitas veces avariados, na quenda de noite non se limpa, na quenda de fin de semana menos do necesario..
  • UEP´s e zoas comúns: chans sucios, mobiliario (mesas, cadeiras, neveira e microondas) sucios e deteriorados…
  • Naves: chan sucio, condutos de calefaccións e aspiración sucios, borralleiras cheas ata desbordar… Valga como exemplo do desprezo da Dirección para coas condicións de limpeza que sofren as traballadoras/es o que acontece cos aéreos que levan case 10 anos sen limparse, a sucidade acumulase sobre as traballadores/as. Feito que foi denunciado pola CUT na Inspección de Traballo, Inspección que emitiu un requirimento a empresa para que proceda a limpeza dos mesmos, requirimento que a dirección leva tres anos sen cumprir.

Ano tras ano asistimos a un empeoramento nas condicións de limpeza. Cada ano a concesión de limpeza sae a concurso e cada novo concurso trae unha redución nas horas e persoal abdicado a limpeza.

Esta redución é imposta única i exclusivamente pola Dirección de PSA. A limpeza para nos é saúde, para PSA é unha perda económica, de ai que faga todo o posible por reducila a costa de que @s traballadoras/es teñamos que traballar rodeados de sucidade.

Nestes momentos encargase da limpeza CLECE cun contrato prorrogado de xeito temporal dende o 31  de decembro de 2018. A empresa que veña detrás, se non é a mesma CLECE, terá que reducir mais as gamas de limpeza para poder cumprir así as exixencias da Dirección de PSA.

Porque a LIMPEZA é SAÚDE; e a saúde é un problema que nos afecta a tod@s as tres organizacións sindical chamamos a participación o venres 26 de abril na concentración de 13:00 a 14:15 na portería principal e na posterior manifestación pola Avda. de Portanet de 14:15 as 15:00.

Unha mobilización sen siglas aberta a tod@s @s que comparten os problemas d@s traballadores/as de esta fábrica e queren atopar unha solución.

PARTICIPA