Trastornos musculoesqueleticos e cargas de traballo en Psa Vigo

16

trastorno muscoesqueletico TME

Os síntomas son dor muscular e/ou articular, inflamación, formígueo, perda de forza, diminución da mobilidade, perda de sensibilidade, etc.

A súa orixe adoita ser derivado dunha exposición prolongada a unhas determinadas actividades, máis que a esforzos momentáneos e/ou esporádicos.

Se localizan fundamentalmente nas costas, pescozo e extremidades superiores.

etapas dun TME

As etapas nas que se desenvolve son as seguintes:

  1. Aparición da dor e cansazo durante as horas de traballo, mellorando fora do horario laboral.
  2. Comezo dos síntomas ao comezo da xornada laboral, sen desaparecer ao finalizar a mesma, alterando o soño e a capacidade de traballo.
  3. Persistencia dos síntomas durante o descanso, dificultando a realización de tarefas, incluso as máis elementais.

lesións derivadas dun TME

As lesións ou patoloxías máis frecuentes que provocan os TME, son:

  • Tendinite, tenosinovite, epicondilite, etc.: inflamación dun tendón ou de funda que o recubre.
  • Neuropatías por atrapamento ou compresión dun nervio (síndrome túnel carpiano, etc.).
  • Raquialxias ou cadros de dor da columna vertebral (cervicalxias, lumbalxias, etc.).

relación entre cargas  de   traballo   e    TME

Existe unha relación directa entre o aumento das cargas, é dicir, entre o aumento de movementos repetitivos e o deterioro da nosa saúde.

De feito o Ministerio de Traballo realizou un estudo ao sector da automoción, para como eles mesmos din “mostrar las deficiencias y necesidades ergonómicas con el fin de concienciar y sensibilizar a las personas implicadas en la empresa en la mejora de las condiciones de salud laboral”.

O Ministerio chega a seguinte conclusión; un dos factores que aumenta considerablemente a posibilidade de sufrir trastornos muscoesqueleticos é o elevado ritmo de traballo que aumenta a frecuencia de repetición do movemento e a intensidade do esforzo físico.

Esta conclusión a que chega o estudo do Ministerio é aplicable ao 100% ao que acontece nas liñas de produción de PSA Vigo. Con cada novo reparto o aumenta o numero de operacións a realizar e o número de vehículos, nunha carreira imparable que só ten un gañador, os beneficios de PSA.

como sei  se   estou  a  padecer   un   TME?     

Tes algunha dor ou molestia nos músculos, articulacións ou osos que atribúes ao traballo?. En caso afirmativo, marque con unha cruz o cubilleiro correspondente.

Se respondes “moi a miúdo” en calquera de eses puntos tes que acudir ao Servizo Medico da empresa e falar coa túa medica/medico do taller.