CUT e USDG (docentes de Galicia) asinan protocolo de colaboración

174

A CUT e a USDG (Unión Sindical de Docentes de Galicia) veñen de asinar un protocolo de colaboración que mantén a independencia de acción de ambos os dous sindicatos ao tempo que se prestarán axuda mutua.

En representación da CUT asinou o Secretario Xeral, Ricardo Castro, e no nome da USDG asinaron Mª Concepción Rodríguez e Andrea Estévez.

A CUT ten por finalidade a defensa dos intereses da clase traballadora contra a patronal, sexa esta pública ou privada; só esta premisa é a que nos leva a colaborar con outras forzas sindicais, pertenzan ao ámbito que pertenzan.

No protocolo coa USDG tense en conta que é un sindicato que defende a un colectivo de persoas traballadoras cunhas demandas laborais concretas que non estaban a ser atendidas, por diferentes motivos, noutras organizacións sindicais do sector. A CUT axudará, na medida das súas posibilidades, a solucionar o conflito laboral existente.