Conflito colectivo mantemento Psa Vigo

Os xuízos desnudan a quen esta ao lado da empresa ao lado das traballadoras e a quen se queda na casa para quedar vestido!

78

Conflito Colectivo: A CUT o ano pasado interpuxo demanda pola modificación substancial das condicións de traballo do persoal de Mantemento e CIM; traballadores/as aos que a dirección unilateralmente impuxo un calendario que @s obriga a traballar sábados domingos e festivos. Por obrigación legal, tivemos que denunciar tanto a empresa como ao resto dos sindicatos do Comité.

No día de onte celebrouse finalmente o xuízo contra a empresa, onde a maxistrada terá que valorar si existiu negociación ou imposición ao obrigar aos traballadores/as de Mantemento e CIM a traballar en fin de semana. A empresa utilizou a argumentación que mais do 80% dos/as traballadores/as afectados aceptaron as condicións de carácter voluntario, e que existiu unha negociación ca representación sindical, cando iso e totalmente falso.

Lamentamos que as/os compañeiras/os de UGT e CC.OO que esta vez si sendo citados previamente igual que o resto dos sindicatos, non compareceran. Dende logo non é o mesmo a unidade de 4 sindicatos que de dous a hora de defender os dereitos.  O avogado do SIT presentouse, pero para defender as teses da empresa.

Como dato apuntar que na Opel en Zaragoza pretendeuse realizar os mesmos cambios de calendario, pero a empresa si abriu un período de negociación cos sindicatos. Grazas a oposición férrea e a presión dos/as traballadores/as de Mantemento obrigaron ao Comité no seu conxunto (CGT, OSTA, CC.OO, UGT  e o sindicato de técnicos e mandos ACUMACME) a presentar demanda conxunta contra a empresa pola modificación substancial pretendida.

Por certo, o IPC no 2018 situouse no 1,2%, polo que o incremento salarial no 2019 pactado en PSA Vigo grazas aos acordos asinados e ratificados en convenio incrementara táboas nun: 0,31%. Outro ano que perdemos poder adquisitivo -0.89

A unión dende logo fai a forza, e na PSA Vigo namentres non miremos ao colectivo fronte ao individual, non avanzaremos en dereitos sociais i económicos.

Agora, cada quen que saque as súas propias conclusións.