Congreso Xeral da Plataforma de Sindicatos de Nacións sen Estado

145

A Plataforma de Sindicatos de Nacións sen Estado celebrou o seu Congreso Xeral esta pasada fin de semana no Val D´Aosta. A CUT estivo presente por medio do seu responsábel de Internacional, Manolo Camaño, xunto ao resto dos sindicatos que integran a plataforma: LAB de Euskadi, SAVT da Aosta, CSS de Sardina, Intersindical CSC de Catalunya, SLB da Bretaña, STC de Córcega e UGTM de Martinica.

Aprobouse unha proposta de LAB para levar a plataforma a unha nova fase. A plataforma terá unha nova persoa coordinadora xeral, labor que exercerá LAB, e unha persoa encargada da coordinación en cada Estado. Para o caso do Estado español, LAB propuso que fora a CUT, quedando pendente o acordo final.