Traballo sexual: conclusións dun proceso de escoita (22 decembro, Compostela)

192

Tras catro meses dedicados á escoita das traballadoras sexuais xunto organizacións que traballan desde as perspectivas pro abolicionistas e pro despenalización, e logo de poñer sobre a mesa as preguntas e inquedanzas de todos e todas as que participamos activamente neste proceso, xuntarémonos nun encontro aberto á afiliación da nosa Central para organizar e colectivizar as nosas conclusións. 

O vindeiro sábado 22 de decembro reunirémonos no Centro Sociocultural de Sar ás 17 horas para poñer en valor as reflexións de cada quen e o que consideramos que debe estar na postura colectiva do sindicato. Tratará de ser unha xornada dinámica e inclusiva polo que o ideal sería contar coa confirmación das e dos que vaiades asistir, para poder organizar o espazo.

Calquera dúbida ou achega, contactade a través do correo da secretariamulleres@cutgaliza.org.