Na defensa dos dereitos das camareiras de pisos

108

A externalización do servizo de limpeza condena ás traballadoras a condicións laborais e de saúde inmensamente precarias. Esta agresión aos dereitos dase nas limpezas de edificios públicos, como a Universidade, os hospitais e mesmo a Xunta de Galiza, onde actualmente as compañeiras loitan contra a discriminación salarial machista, pero tamén nos privados. Este é o caso das traballadoras de limpeza dos hoteis que nos últimos meses se lles recoñece polo seu nome de loita: as Kellys.

A externalización do servizo de limpeza condena ás traballadoras a condicións laborais e de saúde inmensamente precarias

Sobrecarga de traballo. Problemas físicos. Salario precario. Enfermidades laborais non recoñecidas como tales. Incumprimento do convenio provincial de hostalería. Todo nun traballo canalizado para a satisfacción dos turistas a consta da precarización das traballadoras. Isto é o que denuncian as compañeiras das Kellys, un exemplo de autoorganización e loita para todas e todos nós.

Desde a Secretaría das Mulleres da CUT lanzamos o noso apoio e admiración por estas compañeiras na defensa polos seus dereitos como traballadoras xunto a dignificación e valorización do traballo dos coidados, como é o da limpeza. Neste sentido, chamamos a participar das mobilizacións que convocan as Kellys todos os venres diante dos hoteis Hotusa. 

chamamos a participar das mobilizacións que convocan as Kellys todos os venres diante dos hoteis Hotusa

Con isto, queremos lanzar un apoio específico e para unha compañeira das Kellys, afiliada tamén do sindicato CIG, que traballaba no hotel Exe de Área Central a través do Grupo Constant, que foi despedida como represalia tras participar das movilizacións diante do hotel e tras levar uns días de baixa médica.

Estamos dispostas a que se incentive o turismo a consta destas agresións ás traballadoras? As empresas xogan a atraer máis turistas baixando os seus prezos a costa da explotación das nosas compañeiras mentres as Administracións miran para outro lado. É hora de poñerlle fin.

Toda a nosa solidariedade coas Kellys!

Secretaría das Mulleres da CUT