Solidariedade coa activista mapuche Moira Millán

67

Distintos sindicatos de clase e alternativos presentamos onte, na Embaixada da Arxentina en París, un escrito esixindo a absolución da activista mapuche Moira Millán. O Goberno arxentino pretende exemplarizar nela a represión contra este pobo orixinario de América do Sur.

Asinaron o escrito, ademais da CUT, USTKE de Kanakia, LAB de Euskal Herria, UGTG de Guadalupe, CSC de Catalunya, SLB da Bretaña, STC de Córcega, SAVT do Val da Aosta, UGTM de Martinica, CSS da Sardigna e Solidaires e CNT do Estado Francés.

Solidariedade con Moira Millán!!