Pescanova chamou á Policía Nacional; a Fiscalía reprime

Pescanova chamou á Policía Nacional; a Fiscalía reprime

154

No ano 2017 houbo unha folga no GRUPO PESCANOVA, a primeira en toda a súa historia pola negociación do convenio. Foi posíbel grazas ao esforzo de todas as compañeiras dos diferentes centros de produción e ao esforzo dos comités para manter a unidade sindical da que só se desmarcou CCOO.

Xuntáronse con eles 15 leiteiras da Policía Nacional coma se dun estado de sitio se tratara. A misión destes defensores do capital non era outra que crear un clima de tensión e violencia para sacar o que eles teñen por cerebro, a porra

Ao amencer frío daquela primavera, xuntáronse os homes e mulleres para facer os piquetes informativos, piquetes que a empresa sabía que tiñan pouca labor porque nos días de folga tiveron que parar a produción por falta de man de obra. Xuntáronse con eles 15 leiteiras da Policía Nacional coma se dun estado de sitio se tratara. A misión destes defensores do capital non era outra que crear un clima de tensión e violencia para sacar o que eles teñen por cerebro, a porra. E así aconteceu, houbo unha muller que pisou fóra da liña imaxinaria que trazara o corpo armado e un valente vestido de azul, con caso e porra optou por tirarse violentamente contra ela. Nese momento, o delegado da CUT Luís Bar,  tentou separalo para evitar males maiores e a reacción do corpo do estado non foi outra que a violencia. O resultado foi que detiveron a Luís.

a culpa última desta situación é de PESCANOVA, porque foi ela que chamou á policía cando sabían que non había risco algún para a integridade de persoas e bens

A semana pasada tivemos coñecemento da petición da FISCALÍA, 1 ano e 9 meses de cadea por atentado e 1 ano por cada unha das lesións, en total pídenlle 3 anos e 9 meses de prisión e 4.680 euros de multa. Nada nos estraña deste Estado represor, tan só facemos saber que a culpa última desta situación é de PESCANOVA, porque foi ela que chamou á policía cando sabían que non había risco algún para a integridade de persoas e bens.

A CUT fará pública a súa campaña solidaria e dará boa conta de quen é cada quen nesta historia.