A Deus rogando… Pero co mazo dando!

A Deus rogando… Pero co mazo dando!

75

Vigo, a 17 de Setembro de 2018

CARGAS DE TRABALLO E SAÚDE LABORAL: A situación faise insostible, tanto no Sistema 1, como no Sistema 2. Da igual que sexa Montaxe, Ferraxe ou calquera outra zona da fábrica. Se isto pasa as portas das eleccións cando a Empresa historicamente soe “endulzar” as condicións de traballo, imaxinar o que vai vir despois.

Atrevese incluso a dicir o responsable de RR.HH na xuntanza do Comité celebrada o pasado Venres 14, que “es una cuestión de adaptación de las/os trabajadoras/es”.

Na CUT non imos a sacar notas advertindo nin estar todos os días rogando a Dirección ou aos Responsables de Montaxe que teñen que tomar cartas no asunto, estamos fartos de advertilos nas xuntanzas do Comité de Empresa, para recibir respostas prepotentes como o Venres.

Haber cantos sindicatos que din defender as persoas traballadoras non se quedan coa denuncia no papel que o aguanta todo, e están dispostos a dar un paso mais ala!. Os mesmos que asinan documentos xunto co Amarelo que din e o seu inimigo, e lle venden aos seus afiliados/as que teñen que facelo para estar nas Comisións. Onde están as medidas que se anunciaban na Comisión Paritaria de Tempos?.

Haber!, non vós quededes no papel!….. a CUT sumase a calquera proposta, non temos medo a enfrontarnos a Empresa e o temos demostrado. Asembleas de Bocadillo?, Concentracións a entrada e saídas das quendas na Casa Branca?, unha Manifestación polas rúas de Vigo?, ou imos directamente a unha FOLGA. Calquera proposta que se faga a CUT sumarase.

A CUT cumpre o vindeiro ano 20 anos dende que botou a camiñar como sindicato, xa pasamos a pubertade que algúns din aínda estamos. Non estamos en modo “campaña electoral” coma outros que radicalizan o seu discurso as portas das mesmas. Nós levamos catro anos na mesma liña sindical. Conseguimos representación no Comité neste Centro por primeira vez fai catro anos, e aos poucos días de entrar topamos coas medidas de Recortes que a Empresa quería impoñer para reducir salarios aos eventuais e o persoal de plantilla indefinido convocando FOLGA cando facía mais de 25 anos que non se convocaba por motivos laborais do Centro. E que recibimos a cambio? Criticas, e o voto en contra da convocatoria de FOLGA do resto do Comité que dicía apostar polo dialogo cunha Dirección que xa non negociaba, impoñía as súas regras.

A Dirección non mudou, é mais, ven de anunciar na xuntanza do Comité que vai a crear unha quenda de fin de semana en Embutición, pero non pretende negociar cos sindicatos, senón impoñela. A maiores atrevese a dicir que no Sistema 2, seria necesario buscar novas medidas de apertura xa que as tres quendas e a de fin de semana xa non chegaría  para garantir a produción. A 4ª quenda que algún vendía que eliminaría os Domingos na noite, a realidade é moi distinta, e o futuro coas previsións que anuncia a Empresa, non resultaría raro que a noite traballe finalmente 7 de 7. E veremos que pasa coas quendas do día..

No Sistema 1 xa din que os días de parada de Outubro incluso poderían ser mais, e que o futuro nesta liña augura pouca produción. Os rumores do taller e dalgunha auxiliar apunta a que se pretende unha vez pasen as eleccións sindicais, quedar nunha quenda, pero variable…Que cos acordos asinados, non so polo Amarelo, poderán traballar hoxe 6h, maña igual 8h, ou en caso de perdidas de produción 9h con posibilidade de 9:30h, dando igual a tipoloxía de contrato.                                  Ahhh!, non somos adiviños na CUT, pero cheira tamén a ERE.   

XUIZOS: O pasado Mércores 12 de Setembro, estaba previsto a celebración dun xuízo polas modificacións das condicións de traballo nos colectivos de MANTEMENTO, CIM e PSP.

(Por aclarar). A demanda é pola Modificación substancial das condicións de traballo presentadose por Conflito Colectivo, e Vulneración de Dereitos Fundamentais pola falla de negociación cos/as representantes legais dos/as traballadores/as, tras impoñer a Empresa un calendario e condicións económicas UNILATERALMENTE.

Consultado previamente co decanato do xulgado, o mesmo entende que non debe tramitarse demanda a maiores contra o resto dos sindicatos, xa que o non existir negociación, no hai un acordo que impugnar.

A demanda como consta a pesares do que digan algúns, presentouse por Conflito Colectivo. Este tipo de demandas, exixen que se demande a todas as partes (Empresa e Sindicatos). Pero este non é o caso!.

Ante a previsión que a Empresa pedira pola porta traseira unha suspensión de xuízo o xulgado descoñecendo a nosa consulta previa, debera terse en conta o porque. Este nos traslada, que non sendo necesario demandar entón o resto dos sindicatos, como deferencia e por “cortesía profesional” quizais o que SI deberiamos e darlle traslado aos demais sindicatos da data de celebración do mesmo, por se quixeran persoarse como parte, de ai que o xulgado tramite as citacións.

A Empresa nun novo intento presentase no xulgado solicitando a súa suspensión, e sorprendentemente o sumarse mediante escrito UGT e CC.OO, xa que o Amarelo intencionadamente nin recolleu a citación, nin foi o xulgado, ante a petición sindical o xulgado decide aprazar o xuízo.

A CUT ten presentado varias demandas por Conflito Colectivo demandado a Empresa e Sindicatos, non sendo a primeira vez que aínda demandados non se presentan, e non pasa absolutamente nada. Porque agora se presentaron pedindo a suspensión?…Que posición van a defender?. Daquela xa pasaran as eleccións e poderán regresar ao seu sindicalismo cómplice ca Empresa.

O noso inimigo e calquera sindicalismo que defende os  intereses persoais e os da organización, no lugar dos colectivos e os da clase traballadora. Igual que o Amarelo.