VII Conferencia Nacional (15 setembro, Aldán): situando o futuro

129

Este vindeiro sábado 15 de setembro celebramos a VII Conferencia Nacional da Central Unitaria de Traballadores e Traballadoras, unha importante cita que reunirá en Aldán, de 10 a 14 horas, á afiliación da CUT de todo o país para debater e acordar determinados asuntos que nos permitirán ir “situando o futuro” do sindicalismo que queremos exercer e defender.

Non deixes de participar. Consulta os detalles na túa comarca achegándote ou contactando co teu local de referencia. Vémonos alí¡