6-setembro: Xornada de escoita e reflexión sobre as reivindicacións laborais das traballadoras...

6-setembro: Xornada de escoita e reflexión sobre as reivindicacións laborais das traballadoras sexuais e o papel do sindicato

294

Dentro da Intersindical Alternativa de Catalunya (IAC) creouse este 23 de xuño a primeira sección sindical estatal que agrupa a traballadoras sexuais para reclamar os seus dereitos sexuais baixo o lema ‘o traballo sexual é traballo’.

Deste a CUT recollemos o chamado das compañeiras para abrir un proceso interno de debate e reflexión arredor do traballo sexual e o papel que debe desenvolver un sindicalismo combativo, feminista e anticapitalista.

O primeiro paso neste camiño a percorrer será escoitar ás integrantes da Unión Sindical de Traballo Sexual (USTS) dentro da IAC que trasladarán a súa postura e reivindicacións nunha xornada aberta á afiliación establecida para este xoves 6 de setembro ás 10.00 horas no Centro Sociocultural de Sar, en Compostela.

Ábrense moitos interrogantes, aparecen dúbidas e preséntanse múltiples posturas que poremos en común ao longo dun proceso que se abre dentro de nós e no que o primeiro paso será a escoita e o respecto acompañado da ilusión dunha aprendizaxe e reflexión conxunta que nos enriquecerá no colectivo.

Contamos contigo!

Por un sindicalismo valente que se transforma día a día con cada compañeira e compañeiro!