A CUT denuncia explotación laboral na empresa de mensexería Glovo

A CUT denuncia explotación laboral na empresa de mensexería Glovo

129

O pasado venres 2 de agosto a CUT  presentou denuncia en Inspección de Traballo contra a empresa GLOVO pola vinculación mercantil fraudelenta na que manteñen ás traballadadoras e traballadores coñecidos coma “riders”, situación que pretende agochar unha relación de natureza puramente laboral. Na denuncia a CUT aclarou que todas e cada unha das persoas traballadoras presta servizos en condicións de voluntariedade, alleidade, dependencia e retribución, elementos claros que definen a concorrencia da relación laboral.

Estas empresas acumulan beneficios traspasando os custos da vinculación laboral aos traballadores e traballadoras, traspasan as rendas do salario ao seu peto, é dicir, rouban.

Dende a CUT reclamamos a intervención da autoridade laboral competente ante a emerxencia e proliferación deste tipo de empresas que sustentan o seu beneficio na explotación das persoas traballadoras. Así mesmo facemos un chamamento á reflexión dos consumidores para que sexan conscientes da explotación á que se somete aos riders mentres a cota de beneficio queda nas mans das empresas.