O persoal do 061 estará en folga a partir do 1 de...

O persoal do 061 estará en folga a partir do 1 de Agosto

651

A Folga comezará o día de 1 de agosto é desenvolverase a través de paros parciais entre ás 12:00 e ás 14:00 e
as 19:00 e ás 21:00 dos luns, mércores, sábados, domingos e festivos.

A Xunta de Persoal Estatutario do 061 e o Comité de Empresa de Grupo Norte (subcontrata de operación telefónica do 061) comunicamos o inicio dunha FOLGA que afectará ás oficinas administrativas e á Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias 061, centro dende o que se xestionan e coordinan todas as emerxencias e urxencias sanitarias da Galiza.
A Folga comezará o día de 1 de agosto é desenvolverase a través de paros parciais entre ás 12:00 e ás 14:00 e
as 19:00 e ás 21:00 dos luns, mércores, sábados, domingos e festivos.
O motivo desta folga é a imposibilidade de chegar a un acordo coa Administración nas condicións da mudanza de todos os centros de traballo, que agora mesmo están localizados na cidade de Compostela, ao concello da Estrada, datado para o vindeiro 2 de outubro de 2018.

Foron moitos os intentos para non chegar até este punto pero despois de varias negociacións onde tanto a Administración como Grupo Norte non mostran máis que inmobilismo e a garda dos seus propios intereses (sempre económicos), moi lonxe dos que as traballadoras e traballadores do servizo reclamamos como xustos para afrontar este traslado forzoso.

Por outra banda, co plan de traslado facilitado na última reunión pola administración, non se pode garantir que o traslado se realice coas debidas garantías para un servizo destas características polo que esiximos que o traslado se paralice ata dispor dun plan de traslado axeitado e que cumpra coas demandas do propio servizo.
Ante esta situación, agradecemos a comprensión das persoas usuarias do servizo e de todas as profesionais que se verán prexudicadas, pero é o único xeito que temos para ser escoitadas e para loitar polos nosos dereitos, os nosos e os de toda a clase traballadora. Nós seguiremos a traballar do mesmo xeito e coa mesma profesionalidade mais, estes paros poden provocar algunha sobrecarga noutros servizos como as urxencias hospitalarias, puntos de atención continuada, atención primaria, hospitalización a domicilio, 112, transporte sanitario urxente, forzas e corpos de seguridade, etc. En todo caso, será responsabilidade da administración o correcto dimensionamento de todos os servizos para que as persoas usuarias dos mesmos non se vexan afectadas.